Sala Ártika Cultura e Arte de Avd. Beiramar nº113 Vigo
RUNNING Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito
Sala Ártika Cultura e Arte de Avd. Beiramar nº113 Vigo
Días/horas e ligazon de entradas anticipadas:
#Venres 14 de febreiro ás 21:30h
://bit.ly/2tsb9Ct
#Sábado 15 de febreiro ás 21:30h
://bit.ly/37YBsiC
#Domingo 16 de febreiro ás 20:00h
://bit.ly/2OGn1bF
# SINOPSE:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro watsapp non tarda en chegar: “Quedamos? Veña si Pero cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.
Neste exercicio teatral, os 2 ACTORES asumimos o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a tod@ s os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 PERSONAXES entre os 2.
Como veredes trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final... parodia da nosa ocupadisídima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais... que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica "sempre Running" o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.