Trasfontao Silleda
O domingo 4 de xullo vai ter lugar a inauguración do proxecto de agrocultura na fermosísima finca A Gargalleira, situada en Trasfontao, Silleda, na que en adiante van acontecer cousas moi interesantes.
Empeza con poesía á carta e música tradicional. Unha recua de poetas, capitaneada por María Lado, fará escrita en directo – poemas a demanda – con recital inicial e final, e As efémeras amenizarán a tarde co seu son. Gozaremos de todo isto no gran prado da finca, con servizo de barra e petiscos.
Todas as actividades que se programarán na Gargalleira serán con reserva, xa que é obrigado o control de aforo – de momento – polas medidas Covid. Porén, o importe desa reserva será testemuñal e a entrada decidiraa cada asistente ao rematar o evento billeteira inversa, segundo valore a experiencia e a súa capacidade.
Xa podedes facer a vosa reserva Eis a ligazón: https://entradium.com/events/inauguracion-a-gargalleira-agrocultura
Seguiremos ampliando info sobre o desenvolvemento e contidos do evento neste mesmo espazo.
Lembrade: día 4 de xullo domingo, ás 18h na Gargalleira Silleda
No improbable caso de que a meteoroloxía non sexa favorable, trasládase o evento de data, caso no que avisan coa maior antelación posible.